?Unha última carta? transpórtanos a unha pequena e fermosa
illa mediterránea cuxos habitantes teñen a fortuna de contar
cun amable carteiro. Máis de 50 anos de servizo chegan ao seu fin nunha derradeira xornada de traballo que resultará inesquecible
para todos. Empregando unha linguaxe poética e metafórica
que xoga aos contrastes, Antonis Papatheodoulou presenta
unha entrañable e emotiva homenaxe ao vello oficio
de repartir cartas: o protagonista é un mensaxeiro vocacional, comprometido co valioso material que transporta na súa saca, cargada de afectos, recordos, boas e malas novas?
As ilustracións completan e enriquecen o texto cun orixinal collage de imaxes relacionadas co gremio postal: sobres, selos, palabras manuscritas que trazan a forma dos personaxes? Cun estudado esquema cinematográfico, Iris Samartzi combina distintos tipos
de planos, ata o extremo de situar a ollada dos lectores no interior
do bolso do carteiro. Tamén se coida o aspecto cromático,
cunha luminosa paleta na que predominan brancos, azuis, ocres,
e coa que mesmo se plasma a carga simbólica de cada cor.